–       R. Schumann  –  Tres Romanzas Op.94

I.    Nicht schnell

II.   Einfach,innig

III.  Nicht schnell

 

–       J. Ibert  – Concertino da Camera

I.  Allegro con moto

II.  Larghetto- Animato Molto

Tras rematalos estudos superiores en España, Adrián Pais trasládase ao Conservatorio Rexional de Burdeos (Francia) para un traballo máis profundo da música de cámara e a música contemporánea xunto a Marie Bernadette Charrier e Hilomi Sakaguchi. Durante esta etapa asiste tamén asiduamente xunto a Jean Marie Londeix facendo un traballo paralelo do repertorio clásico orixinal para saxofón e recibe consellos de músicos como Rainer Schmidt, Eberhard Feltz, Cibrán Sierra, Helena Poggio, etc.

Obtivo máis dunha decena de premios en concursos nacionais e internacionais destacando o premio no “38º concurso de música de cámara Club Lyceum” de Suiza (Laussane), os premios recibidos na 10ª e 11ª edición do Concurso de música de cámara “Monserrat Alavedra” (Barcelona) ou o premio “Creación INJUVE 2012 Interpretación” de música clásica.

Pertence a Art Sound Quartet e colabora con distintas formacións coas que realizou concertos por toda a xeografía española, así como en Francia, Suiza, Portugal, Estonia, Suecia ou Alemaña. Cabe resaltar o traballo discográfico “Capriccio” no 2012 onde reciben diversos recoñecementos así como tamén a participación nos Cds dos concursos Monserrat Alavedra gravados en directo nas finais do concurso nos anos 2010 e 1012.

Actualmente realiza un traballo de creación con compositores e artistas de hoxe sendo dedicatario de novas obras e participando na estrea  en diversos festivales como o  Festival “Mixtur 2013” de Barcelona, ou festivais en Burdeos (Francia) e Escandinavia.

Tamén realiza concertos como solista ou distintas formacións de música de cámara.

Pianista acompañante:

PAULA GAGO OTERO 

Naceu en Marín (Pontevedra) en 1.978 e comezou ós oito anos os seus estudos musicais na EMUS desta vila. Formouse nos CMUS de Pontevedra e Santiago de Compostela e titulouse Profesora Superior nas especialidades de Piano e Música de Cámara con altas calificacións. Foi alumna de Mª Dolores Santos, Lorenzo de los Santos, Margarita Pardavila, Javier del Río, Alejo Amoedo, Marina Shamagian e Dalibor Sebestik entre outros. Ó rematar os seus estudos foi a clases coas concertistas Tsiala Kvernadze (pianista na formación “Virtuosos de Moscú”) e Rouzan Badalian. Asistiu a cursos con Agustín Serrano, Ireneusz Jagla, Valentina Igoshina, Pablo Galdo, Zoltán Kocsis, Violeta Hemsy de Gainza, Hilomi Sakaguchi Marignan, Imre Rohmann, Alexander Gold, Ilona Timchenko, Lilya Zilberstein, Larissa Shomina, Yuri Popov e Paco Charlín. O seu interese pola música de cámara levouna a realizar estudos de viola con Marcos Legrá e Wladimir Popov.

Traballou no CMUS Municipal de Cambados e nas EMUS “Armando Toledo” de Vigo, Salcedo, “Euterpe” de Pontevedra, Cambados, Rianxo, Arcade, Ortigueira e Moraña, e colaborou coas EMUS de Marín, Caldas de Reis, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo, Bueu, Lousame, Vila de Cruces, Cabral, Santa Cruz de Ribadulla e co CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra.

Desde 1995 adícase plenamente ó acompañamento de instrumentistas de todas as especialidades en probas, concertos, oposicións, cursos e concursos. Foi membro de varias agrupacións de cámara con destacados músicos e actualmente é a pianista da Camerata Arven. Participou coma pianista acompañante na VI edición do Festival Internacional Peregrinos Musicales.

Pertenceu ás bandas de música de Salcedo, Filarmónica de Galicia e Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares. Tocou con diferentes agrupacións bandísticas coma a de Valga, Ponteledesma, Rianxo, Xuvenil de Barro, Pontevedra, Municipal de Santiago e Asociación Cultural e Musical “Solfa” en diversos recitáis e concursos. É membro da Banda de Música Municipal de Catoira e colaborou coa Orquesta Filharmónica Ciudad de Pontevedra.

Participou coma profesora pianista repertorista en cursos impartidos por Marie Bernardette Charrier, Pablo Coello, Martín Baleirón, “Cuarteto di basseto”, X. Carlos Seráns, Luis A. González Amosa, Javier Vidal, “Quinteto Pentafonía”, Alberto Busto, Saúl Canosa, Iago Lariño, Julio Álvarez, Alberto Urretxo, Jose M. González Diego, Rodolfo Epelde, Byron Fulcher, Marcos Fernández, Vicente Alberola, Mariola Gil, Guillermo Collazo, Cuarteto “Divertimento”, Jose Forte, Petur Eiriksson, Adrián Pais e Xavier Casal.

No campo da música vocal forma dúo coa soprano Esperanza Mara Filgueira coa que ofreceu recitais en varias ciudades galegas, en León e en Portugal. Ademáis colaborou cos coros “San Miguel de Lores”, “Thalassa”, “Coro da ESMU de Ortigueira”, “Cantemos”, “Asomamos”, “A Barcarola”, “Obradoiro Vocal A Vila”, ”Santa Comba de Cordeiro”, “Asociación Cultural O Piñeiral”, Coral San Salvador de Camanzo, e a Coral “Airiños de Campañó”, cos que representou a Zarzuela “El Bateo”. Tamén foi mestra correpetidora na preparación de Carmina Burana co coro “Gli Apassionati” de Vigo

Actualmente é pianista acompañante na EMUS de Catoira, e mestra de piano e pianista acompañante nas EMUS de Valga, A Pobra do Caramiñal e Pops Ribeira.

Pin It on Pinterest

Share This