– L. van Beethoven – Sonata Nº13

– M. Ravel – Alborada del Gracioso

– F. Liszt – Estudio transcendental Nº10

Aida Saco Beiroa ( Piano )

 

A partir dos seis anos iniciou o seu achegamento aos estudos musicais asistindo a clases de solfexo e piano organizadas polo Liceo Marítimo Rianxeiro.

Posteriormente ingresou no Conservatorio Profesional de Música do mestre Martín Millán onde rematou no

curso 2015-16 os estudos de Grao profesional de piano.

Na actualidade, e como paso previo ao seu ingreso nos estudos superiores de piano, é alumna da Escola de Música Berenguela, onde recibe clases do mestre Alexander Gold.

Como pianista clásica ten ofrecido concertos solistas e participado en diversos concertos colectivos.

De xeito paralelo aos estudos de interpretación de piano clásico, realiza composicións musicais para piano, algunhas das cales están a disposición do público en diversas plataformas dixitais

Pin It on Pinterest

Share This