José Ramiro Pérez, Trombón

Javier Ares Espiño, pianista acompañante

  •  Launy Gröndahl – Concierto para trombón y piano
  • Stepan Sulek – Sonata Vox Gabrieli

 

En 2004, con 10 anos de idade, comeza os seus estudos musicais na Escola de Música de Ribadumia, na especialidade de trombón, tendo como profesor a D. Nicolás Leiro Álvarez.

En 2012 remata os estudos de Grao Profesional, na especialidade de trombón, no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa, tendo como profesor a D. Ignacio Castro Lozano e a D. Nicolás Leiro Álvarez. Dous anos depois, superou as probas de acceso ao Conservatorio Superior de Música de A Coruña, tendo como profesores a D. Iago Ríos e a D. Arturo Centelles Fabado. No ano 2018 obtén o título de Grao Superior en dito conservatorio.

É membro activo da Orquesta Xoven da Sinfónica de Galicia, e participou coa Orquesta Sinfónica de Galicia, interpretando a Sinfonía Alpina, de Richard Strauss.

Participou en numerosos cursos de perfeccionamento e interpretación na especialidade de trombón e tocou como solista os concertos de Launy Gröngdahl e Rimsky-Korsakov coa Agrupación Músico Cultural de Ribadumia.

Cabe destacar que tamén participou en diversos concertos coa Orquesta GAOS de A Coruña. No XXI Ciclo da Asociación Galega de Compositores 2016-2017 estrea a obra Música para trombón e piano do compositor Luis Carro. Actualmente é membro da Banda de Música Municipal de Pontevedra (dirixida por Rafael Agulló Albors) e tamén é profesor de trombón na Escola de Música de Ribadumia.

Pin It on Pinterest

Share This