Rubén Calviño Maceiras, Tuba
Jorge Briones, pianista acompañante
- Sergei Rachmaninoff – Vocalise Op. 34, No. 14
- Edward Gregson – Tuba Concerto
1. Allegro deciso
2. Lento e mesto
3. Allegro giocoso
Rubén Calviño comeza a súa carreira musical á idade de 8 anos na súa vila natal, A Estrada, no Conservatorio de Música Profesional. Ata os 17 anos dedicará a súa formación á percusión, momento no cal decide comezar o seu traxecto como tubista. As primeiras leccións de tuba recíbeas dos mestres Javier
Comesaña e Miguel Franqueiro.
No ano 2012 supera a proba de acceso ao Grao Profesional no Conservatorio Profesional de A Estrada para recibir clases co mestre Victor Vilariño. Continuará a súa formación asistindo a clases co mestre Jose Luis Vázquez Vidal.
No ano 2014 supera a proba de acceso ao Conservatorio Superior de música da Coruña para continuar a súa formación con Ignacio Fernández Rodríguez. No 2016, gaña o concurso de solistas do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, no que interpreta a obra «The world of the dreams» de Eduardo Nogueroles coa Banda Sinfónica do Conservatorio de A Coruña.
No 2017, colabora coa Orquestra da Escola de Altos Estudios Musicais, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave.
Ao longo destes anos, asiste a varios cursos de perfeccionamento da interpretación e diferentes Masterclass con profesionais como José Manuel Redondo, Eros Sabbatani, Jespear Boile Nielsen, José Martínez Anton, Pablo
Fernández, César Peña, Sergio Carolino…
No ano 2018 remata os seus estudios en A Coruña obtendo matrícula de honra.
Tamén no ámbito de agrupacións e bandas , Rubén é compoñente da Banda de Música Municipal de A Estrada e da Xoven Orquestra de Cantabria en función de reserva.