Saúl Nogareda Candal, Violoncello barroco

Fernando Santiago, Violoncello barroco (Acompañante)

  •  – Domenico Gabrielli (1659 – 1690) – Ricercare nº 7 en Re M (1689)
  • – Joseph Bodin de Boismortier (1689 – 1755) – Sonata nº 3 en Re Mayor, Op. 50 (1734)
    I. Moderato
    II. Corrente
    III. Affettuoso
    IV. Minoetto avec variations
  • – Francisco Saverio Geminiani (1687 – 1762) – Sonata nº 1 en La Mayor, Op. 5 (1746)
    I. Andante
    II. Allegro
    III. Andante
    IV. Allegro

 

Saúl Nogareda Candal nace en Culleredo (A Coruña) en 1992. Comeza os seus estudos musicais á idade de 8 anos no Conservatorio Profesional de Música da súa localidade, cursando o Grao Elemental e Grao Profesional ata o 5º ano. Solicita o traslado ó Conservatorio Profesional de Música de A Coruña para realizar o último curso do Grao Profesional e recibir as clases do violonchelista Juan A. Almarza.
Decide realizar os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña para continuar recibindo as clases particulares do violonchelista David Ethève durante estos anos. Ademáis, ten a sorte de recibir clases no mesmo centro da violonchelista Carolina Landriscini.
Durante os seguintes anos combina a súa formación en este centro con outras institucións e agrupacións profesionais.
No ámbito da música de cámara, formou parte durante varios anos do conxunto de violonchelos Soncello Ensemble, da Asociación de Violoncellistas de Galicia e da cal é membro dende a súa creación. Con esta agrupación deu concertos en diversas cidades da península, como Valencia, Lugo, León e Vitoria, e en 2014 participou na grabación do seu primeiro CD.
O cuarteto de cordas do que formou parte durante os seus estudos superiores foi un dos grupos seleccionados pola Escola de Altos Estudios Musicais para recibir clases de Tillman Kircher, violista principal da Real Filharmonía de Santiago, durante o curso académico 2012/13.
No ámbito orquestral sinfónico, foi seleccionado para formar parte da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia dende 2014 ate 2017, e forma parte da Orquestra Gaos dende 2010. Con estas orquestras realizou máis de 35 programas e estivo baixo a batuta de directores como Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, Andrés Salado, Vicente Alberola e Ramón Tebar, ademáis de ter acompañado a solistas de grande traxectoria internacional como David Grimal, Ainhoa Arteta e Celso Albelo entre outros. Tamén formou parte da orquestra do I Concurso Internacional de Clarinete Bal y Gay, celebrado en Foz no ano 2017.
No ámbito orquestral de cámara, forma parte da Orquestra de Cámara Galega e da Lugo Camerata nas actuacións que teñen actualmente.
No ámbito dos concursos de violonchelo, obtivo o terceiro premio no I Concurso para Xoves Violonchelistas organizado pola Asociación de Violonchelistas de Galicia “Soncello”, celebrado no ano 2015.
Tivo a oportunidade de estudar durante o primeiro cuatrimestre do curso académico 2015/2016 na Utrecht School of the Arts (HKU) nos Países Baixos grazas á beca Erasmus, onde recibiu clases de Ran Varon e se iniciou no violonchelo barroco con Viola de Hoog.
Finaliza os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña en febreiro de 2017.
Pasado un mes, e dado o seu interese na música antiga, realiza dende marzo ate xullo de 2017 o “Curso Livre de Violoncel Barroco” na ESMAE de Porto, impartido polo violonchelista galego Fernando Santiago García. Decide continuar os seus estudos centrándose na interpretación históricamente informada da música antiga.
En setembro do mesmo ano realiza as probas do “Mestrado em Música – Interpretação Artística – Música Antiga” na ESMAE do Porto, no cal foi aceptado e cursa actualmente o segundo ano. Durante este período asiste ó XV Curso Internacional de Música Antiga da mesma institución. Participa con un dos seus grupos de cámara en un concerto na Casa da Música, a grande sede de actuacións musicais do xénero na cidade. Tamén participa tocando a solo e con un dos seus grupos de cámara na Semana da Música Antiga do Conservatorio de Música de Coimbra. Ademáis, realiza un concerto con un dos seus grupos de cámara dentro da programación do Festival InSpiritum da mesma cidade. Ademáis, participou recentemente na programación lírica da Coruña do ano 2018 formando parte do ensemble barroco que acompañou ó xoven contratenor Alberto Miguélez dentro da sección “As novas voces galegas”, organizado por Amigos de la Ópera.
Ten en propiedade un violonchelo coa montaxe moderna do maestro luthier alemán Herbert Stengel, construido no ano 1954 en Osnabrück (Alemania), o cal fai soar con un arco moderno do maestro arqueteiro tamén alemán Josef P. Gabriel.
Dende pouco despois de comezar os seus estudos de máster ten en propiedade un violonchelo que foi modificado coa montaxe da época barroca e con cordas de tripa, ao que non corresponde a etiqueta do seu interior pero que algúns luthieres certifican que pola súa madeira e características foi construido cara a comezos do século XX na rexión de Mirecourt (Francia). Fai soar este instrumento cunha réplica de un arco que se estima da década de 1720 e encontrado en Alemania, a cal realizou o arqueteiro israelí Ethan Hoffer.

Pin It on Pinterest

Share This