Emiliano Sanchez Velazco, Violín
Brais González, pianista acompañante

  •  L. Spohr – Concerto Nº8, Op.47

Nado en Santiago de Compostela, 05/07/2003
Con 5 anos comeza os seus estudos de violín xunto ao Mestre Armando Toledo Cisneros.
Aos 8 anos ingresa ao 2º curso de Grao Elemental no Conservatorio de Santiago (Cmus. Santiago) e tamén fai proba de acceso á Orquestra Sinfónica de Nenos de Galicia, sendo concertino dela, durante un ano académico.
Ä idade de 9 anos consegue o segundo premio no Primeiro Concurso Cidade de Vigo, en categoría A (trece anos). e fica como semifinalista no concurso Violines Por la Paz na cidade de Calahorra.
Con 11 e 12 anos obtén o primeiro premio na cidade de Burgos no Certamede Música «Regino Sainz de la Maza» en diferentes categorías.
Obtén con 13 anos, o galardón de Promesa Artística, na Cuarta Gala da Cultura no Concello de Oroso, Distinción que otorga un xurado de prestixio no eido da promoción das artes e a cultura, elixindo de entre varios nomeados pola poboación.
En 2017 participa no VII Concurso de Solistas do Cmus. Santiago na categoría para maiores de 14 anos, acada o Primeiro Premio.
Este ano realiza 5º curso de Grao Profesional con Matrícula de Honra (catro anos consecutivos) y forma parte por sexto ano da Orquestra de Nenos de Galicia.
Emiliano é alumno de Roberto Santamarina, Irina Gruia (violín) e de Alexander Gold (piano) e Juan Ramón Salgueiro (composición).

Pin It on Pinterest

Share This