Jaime Estévez Moreira, Saxofón

Brais González, pianista acompañante

  •  J.S.BACH – PARTITA BWV 1013 – ALLEMANDE, CORRENTE
  • J.IBERT – CONCERTINO DA CAMERA I-II
  • PAUL BONNEAU – CAPRICE EN FORME DE VALSE
  • DARIUS MILHAUD – SCARAMOUCHE I,II,III

 

JAIME ESTÉVEZ MOREIRA
Nace o 4 de maio de 2001 en Vigo. Comeza os seus estudos no conservatorio no ano 2009 co seu actual profesor Julio Álvarez.
No ano 2016 obtén o primeiro premio da categoría xuvenil no concurso internacional de saxofón “Vítor Santos” en Palmela, Portugal. Nese mesmo ano actúa como solista coa orquestra Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave tras ser seleccionado no programa “Peregrinos Musicais 2016”. É elixido saxofón titular pola Orquestra Xove 430 de Vigo e no ano seguinte participa coa Orquestra Sinfónica 430 no seu concerto con Paquito de Rivera.
En 2017 é invitado ao concerto de novas promesas do saxofón no Conservatori Superior de Música de les Illes Balears incluído no programa do “Mallorca Saxophone Festival 2017”. É seleccionado compoñente da banda sinfónica da Federación Galega de Bandas, participando nos encontros de Agolada (2017) e Ribadavia (2018), sendo dirixido por Jan Cober e Javier Viceiro. Publica un disco (Alcoucer 2017) co seu grupo de música tradicional galega “Os Terribles de Donas”.
No ano 2018 acada o primeiro premio na fase autonómica do concurso Intercentros Melómano na súa categoría de grao profesional.
Ao longo da súa carreira musical participa en diversos cursos internacionais, recibindo clases de profesores como Rodrigo Vila, Jean-Marie Londeix, Marie-Bernadette Charrier, Hilomi Sakaguchi, Nikita Zimin, Lars Niederstrasser, Marcus Weiss, Timothy McAllister, Ángel Soria, Arno Bórnkamp, Antonio García Jorge, Albert Juliá, Federico Coca, Vincent David, Mariano García, David Brutti, Fukio Ensemble, cuarteto Klexos ou ensemble Squillante.
Actualmente é alumno de 6º curso de grao profesional no CMUS Vigo co profesor Julio Álvarez e membro activo da Aula Galega do Saxofón, recibindo clases de Rodrigo Vila.

Pin It on Pinterest

Share This