Juan José López Pereira, Clarinete

Cristina Cerdá, pianista acompañante

  •  R. Schumann – Fantasiestücke, Op. 73 – I, II, III
  • N. Burgmüller – Dúo, Op.15
  • B. Kovács – Hommage á C. Debussy
  • Jesús de Monasterio – Adiós a la Alhambra

 

Comeza a súa formación na escola de música, banda e conservatorio profesional de Vilagarcía de Arousa, finalizando os seus estudos de Grao Profesional con matrícula honra, e obtendo o primeiro premio Fin de Grao expedido por dito conservatorio.
Continúa os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde remata o Grao Superior con sobresaínte e matrícula de honra.
Durante esta etapa tamén aproveita para realizar un curso de Erasmus no Conservatorio Statale F.A. Bonporti di Trento (Italia).
Nos últimos anos obtivo varios primeiros e segundos premios en concursos de solistas a nivel galego e galego-portugués. Entre eles cabe destacar: 3ª Mostra Musical do Eixo Atlántico, Concurso de xoves solistas “Romería Vikinga”, Concurso de solistas do Conservatorio Superior de Vigo (dúas veces premiado), Concurso de xoves solistas “Antonio Granja”e IV Concurso de Clarinete “Cidade de Ourense”.
A parte dos profesores cos que conta no seu centro de estudos, tamén asiste durante a súa carreira a decenas de cursos e masterclass impartidos por recoñecidos músicos a nivel nacional e internacional.
Recentemente colaborou con agrupacións profesionais ou semi-profesionais tales como a Banda Sinfónica da Federación Galega, a Haydn Orchestra di Bolzano (IT), a Orquestra 430 de Vigo ou o Cuarteto Tetramorph, entre outras.
Nas dúas últimas temporadas tivo a oportunidade de interpretar como solista o 2º Concerto de Weber e a Rhapsodia de Debussy cas orquestras do Conservatorio Superior de Vigo e a Orquesta Clásica de Vigo, respectivamente. Tamén foi invitado a tocar na primeira edición do festival internacional de música clásica ClasClas de Vilagarcía de Arousa.

Pin It on Pinterest

Share This