Carlota Luna Anguera Zemba, Violín

Ayako Zemba, pianista acompañante

  •  J. S. Bach – Partita Nº 2 BWV 1004, Sarabanda y Giga
  • W. A. Mozart – Sonata KV 304, Allegro
  • H. Vieuxtemps – Concerto Nº 2, Allegro
  • H. Wieniawski – Scherzo-Tarantella

Naceu na Coruña no 2004.
Inicia os estudos de violín aos catro anos coa mestra Despina Ionescu (Orquestra Sinfónica de Galicia), con quen estuda ata 2015.
Entre 2010 e 2012 e dende o curso 2017-18 pertence a Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia.
Dende 2009 participou en concertos e recitais na Galería Matt da Coruña, nos auditorios da Afundación da Coruña e da Fundación Barrié, e nos Conservatorios Profesionais de Música de Lugo e Ferrol.
Participou nos Campamentos de Verán da Escola de Música Creativa de Madrid nos anos 2013 e 2014.
En 2015 participou no Campamento de Verán Musical “Charamela” de Pontedeume co profesor Javier Cedrón.
Entre 2012 e 2015 foi estudante de Grado Elemental do Conservatorio Profesional de Música da Coruña coa mestra de violín Isabel Sanjuán.
Dende o curso 2015-16 estuda co mestre Grigori Nedobora na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela.
No ano 2016 foi finalista no concurso de violín “Cidade de Vigo” na categoría A (ata 12 anos).

Pin It on Pinterest

Share This