Gregorio Keilin, Violoncello

María Keilin, pianista acompañante

  •  Robert Schumann – Phantasie Stücke Op. 73
    1. Zart und mit Ausdruck (suave, con expresión)
    2. Lebhaft leicht (vivo, ligero)
    3. Rasch und mit Feuer (rápido y con fuoco)
  • Max Bruch – Kol Nidrei Op. 47

Nace en 2000. Aos 5 anos empeza a estudar piano coa súa nai (María Keilin) e aos 7 o violonchelo co seu pai (Iliá Keilin). En 2005 ingresa na Escuela Municipal de Música de A Capela, cursando estudios dos dos instrumentos. Mo ano 2013 participou no Concurso de violonchelo de la Ciudad de Vigo, quedando finalista na súa categoría (ata 16 anos) e nos anos 2014, 2015 e 2016 no mesmo concurso, gana os II Premios. En abril de 2015 participou no Iº Concurso de Jóvenes Intérpretes coa Banda Municipal de Música de A Coruña e foi seleccionado para a interpretación como solista coa BMMC. Entre 2011 e 2015 foi membro da Orquesta de Niños de la Sinfónica de Galicia (grupo A), sendo desde 2012 ata 2015 Principal de violonchelo. Con esta orquesta en 2015 interpreta, como solista, o concerto B-dur de Boccherini no Monasterio de Monforte e Palacio de la Ópera en A Coruña. Desde 2016 é membro da Orquesta Joven de la Sinfonica de Galicia.
No 2014 ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo al 6º curso de Grado Profesional e en 2015 obtén o título Profesional de violonchelo e Premio Fin de Grado; en 2016 obtén o título Profesional de Piano no mesmo Conservatorio. En 2017 fai o acceso ó Conservatorio Superior de A Coruña, sendo alumno do mesmo actualmente.

Pin It on Pinterest

Share This