Roi Guzmán Gómez, trompa

Javier Ares Espiño, pianista acompañante

  •  Wolfgang Amadeus Mozart – Concerto Nº 2
  • Camille Saint-Saëns – Morceau de Concert

 

Nace en Merza (Pontevedra) en 2001. Con 7 anos empeza estudos de solfexo con súa nai e de trompa con Pablo Fernández Guzmán (Escuela Superior de Música Reina Sofía e colaborador de distintas agrupacións orquestais). Ao ano siguiente matricúlase na Escola de Música da Banda Artística de Merza, onde continúa os seus estudos de linguaxe musical con Juan Fernández Guzmán (Banda Municipal de Santiago) e de trompa con Pedro Pintos Rodríguez (Banda Municipal de A Coruña).
Ese mesmo ano intégrase á Banda Xuvenil de Merza e en 2010 entra a formar parte da Banda Artística de Merza. Con ela ten participado en diversos certames de música como o Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia 2012, VI Certame Galego de Bandas de Música 2012, Certamen Internacional de Bandas de Música Vila D`Altea 2014 e o XI Certamen Internacional de Bandas Vila de la Sénia 2017. Participa, tamén, na grabación do seu último disco “Antoloxía do pasodobre no século XXI” e no ano 2018 actúa como solista, dentro do proxecto “Artistas da Artística”.
É colaborador habitual da banda da Escola de Música Municipal de Santiago e durante os anos 2009 y 2010 asiste ao campamento musical “Musigalizando” organizado pola Asociación Cultural Musical Solfa.
Realiza distintos cursos de perfeccionamento con profesores como Alfredo Varela González (Real Filharmonía de Galicia), Jordi Ortega López (Real Filharmonía de Galicia), Miguel Ángel Garza (OSG y Orquesta Sinfónica de Colorado), Frøydis Ree Wekre ( Norwegian Academy of Music), Estefanía Beceiro (Orquesta Sinfónica de Bilbao). Ademais, asiste a distintas masterclasses impartidas polos profesores Daniel Sánchez (Banda Municipal de Santiago) e José Manuel Redondo (Orquesta Sinfónica de Castilla y León).
Tocou baixo a batuta de distintos directores como José Rodríguez Ramos, Fernando Marinho, José Luis Quintás Carreira, David Fiuza, Casiano Mouriño e José Rafael Pascual Vilaplana entre outros.
No curso 2016-2017 é alumno reserva na OJSG, asistindo a clases con David Bushnell e Nicolás Gómez, e ao ano seguinte colabora coa Banda Municipal de Santiago de Compostela. Finaliza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela co profesor Carlos Enrique Tilve González, no curso 2017-2018, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Grao. Ese mesmo ano, participa en calidade de profesor de trompa no IV Curso de Perfeccionamento Musical “Villa de Allariz”.
Na actualidade, é alumno da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, asiste a clases de harmonía e análisise con José Luis Quintás Carreira (Conservatorio Profesional de Música de Santiago), a clases de trompa con Millán Molina Varela (colaborador de distintas agrupacións orquestais) e é membro da Banda de Música Artística de Merza.

Pin It on Pinterest

Share This