Ana Huerta Fernández, Piano

  • – L. van Beethoven, Sonata Nº30, Op.109
    • I. Vivace ma non troppo – Adagio Espressivo
    • II. Prestissimo
    • III. Gesangvoll, mit innigster Empfindung (Andante, molto cantabile ed espressivo)
  • – F. Chopin, Ballade Nº1, Op.23

Ana Huerta Fernández naceu en Lugo o 21 de maio de 1998. Titulada en Grao Profesional de Música na especialidade Piano, no ano 2016, polo Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo baixo a ensinanza de D. Juan Ignacio Martínez Pardo; termina coas máximas calificacións, Matrícula de Honra na materia de Piano e Premio de Fin de Grao. Actualmente, realiza 4º curso de Grao Superior de Interpretación de Piano no Conservatorio Superior de Música “Eduardo Martínez Torner” (Principado de Asturias) baixo a tutela da Catedrática de Piano Dña. Esperanza Aldana Ataún. Obtivo Matrícula de Honra en Piano no 2º e 3º curso.
Recibiu clases de D. Alberto Nieto, Dña. Eulália Solé, D. Gabriel López Rodríguez, D. Luca Chiantore, D. Víctor del Valle y D. Luis del Valle, Dña. Victoria Mushkatkol, Don Lluís Vila, D. Francisco Jaime Pantín, Dña. Chi Chen Wu, D. Michel Dalberto e D. Ramón Coll.
Actuou en salas como o Teatro-Auditorio de Pola de Siero, Círculo das Artes de Lugo, Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo, Paraninfo da Universidade de Oviedo, Auditorio da Diputación de Alicante acompañando ó seu irmán, o saxofonista Alfonso Huerta xunto ó que integra o “Dúo Indice” (saxofón – piano), na final do Certamen Intercentros-melómano no ano 2016.
Desde su creación no ano 2013, desenvolve a súa actividade musical como membro da Banda Filarmónica de Lugo. Colaborou acompañando ó piano co Orfeón Lucense e a agrupación coral Sólo Voces.
Foi gañadora do VI y VIII Concurso de Solistas para Orquestra celebrados no Conservatorio Profesional de Música “Xoán Montes” de Lugo e seleccionada para actuar no 1º Ciclo Novos Talentos Musicais (2017).

Pin It on Pinterest

Share This