Javier Dopico Villanueva, Contrabajo

Brais González, Pianista acompañante

  •   K.V. Dittersdorf – Concierto en Mi Mayor (mov.1 y 2)
  • Astor Piazzolla – Kicho
  • Giovanni Bottesini – Elegía en Re Mayor
  • Rogelio Groba – Canto de berce

Javier Dopico Villanueva (Ferrol,1999), comenzou os seus sus estudos musicais na escola Municipal de Música de Mugardos á idade de 4 anos. Aos 9 anos comeza no Cmus Xan Viaño de Ferrol na especialidade de contrabaixo, sendo a súa profesora Ruth Alonso Jartín. No ano 2009 participa na 1ª edición do concurso de solistas “Tocaá outra vez Xan”.Dende o 2011 ata o 2014 foi integrante do “Peque Coro do Xan Viaño”, chegando a actuar en Portugal dentro do proxecto Leonardo European Arts Confluence e en diversas edicións do festival “No bico un cantar”. Durante todos estes anos tamén participa en diversos cursos de canto impartidos polo profesor Polo Vallejo. No ano 2017 comeza a formar parte da Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia. No ano 2018 é seleccionado para representar á comarca de Ferrolterra na sexta edición do certame “Eixo Atlántico”que se celebraría en Vila-Real(Portugal). Neste mesmo ano realiza un traslado ao Cmus da Coruña onde, en 2019, remata o grao profesional obtendo o premio de fin de grao. En Xuño do 2019 entra na EAEM de Santiago de Compostela e no Csm da Coruña. Tamén durante o verán deste ano compón, graba e produce unha canción para promocionar o camiño inglés nun proxecto que se enmarca dentro do Xacobeo 2021. En outubro do 2019 renova a súa praza na Orquesta Xove da Sinfónica de Galica.
Recibiu clases de Joaquín Clemente Riera, Claus Freudenstein, David Heys, Gabriele Ragghianti, Andrés Martín, Juan Cañada, Antonio Cienfuegos, Szymon Marciniak, Stephan Bauer,Carlos Méndez, Mario Rodrigues,entre outros.
Durante estos anos á vez que realizaba o seus estudos de contrabaixo, aprende de manera autodidacta a tocar o baixo eléctrico e a guitarra o que lle permite ser cantante e guitarrista de diversos grupos de blues, jazz e rock cos que actúa en varias salas e auditorios ademais de participar nos anos 2016, 2017 e 2018 no concurso de “Bandas Sonoras de Ferrol” quedando en 1ª,2ªe 3ª posición respectivamente.
Actualmente continúa os seus estudos de contrabaixo no Csm de coruña e na Eaem. Ademais acaba de comezar a estudar xénero do jazz en guitarra eléctrica e esta a preparar o seu primeiro album musical.

Pin It on Pinterest

Share This