Ana Rivas Gestal, Saxofón

Brais González, Pianista acompañante

  • – Alexander Glazounov – Concerto en Mi b pour Saxophone alto et orchestre à cordes Op. 109
  • – Jacques Ibert – Concertino da camera pour saxophone alto et onze instruments
    1. Allegro con moto
    2. Larghetto, poi animato molto

Nace en Silleda, Pontevedra (1997). Comeza os seus estudos musicais na Escola de Música Municipal de Silleda no ano 2006, da man do mestre Rafael Agulló.
En 2011 finaliza os seus estudos de grao elemental e trasládase ao Conservatorio Profesional de Lalín, tendo como mestre a Juan Carlos Mazás. Nese mesmo ano pasa a formar parte da Banda de Música Municipal de Silleda, tocando como solista no ano 2012.
En 2017 accede ao Conservatorio Superior “Bonifacio Gil” de Badajoz; formando parte, desde este momento, da Aula de Saxofón do CSM Badajoz.
No 2018 participa dentro das “Jornadas de Jóvenes Músicos de Badajoz” e no “Ciclo de Música Contemporánea de Badajoz”. Neste mesmo ano toca de solista coa Orquesta de Cámara do CSM Badajoz como premio do concurso de solistas organizado por dito conservatorio. En 2019 participa de novo nas “Jornadas de Jóvenes Músicos de Badajoz” xunto co seu cuarteto de saxofones e tamén no “Ciclo de Música Contemporánea de Badajoz” estreando obras de Gonzalo Navarro e Juan Alberto Trigueros. Neste ano gaña o concurso de “Great Composers Competition” na categoría “Masters of Concerto – Woodwinds”.
Ó largo destes anos participou con diferentes agrupacións como a Banda da Federación Galega de Bandas ou a Banda Federal de Extremadura baixo a batuta de mestres de renome como Jan Cober ou Antonio Lajara. Desde 2019 forma parte da “Joven Orquesta Sinfónica de Cantabria”.
Asistiu a diferentes cursos impartidos por profesores como: Adrián Pais, Xabier Casal, Marcus Weiss, Marie Bernardette Charrier, o dúo “Altera Inde” e o cuarteto de saxofones “Klexos”. Tamén recibiu clases do mestre Javier Comesaña Davila.
Actualmente cursa terceiro de Ensinanzas Superiores no Conservatorio Superior de Badajoz baixo a tutela de Vicente Contador e do pianista Eduardo Moreno.

Pin It on Pinterest

Share This