Yuri Durán Castro, Piano

  • S.Bach – Concierto Italiano BWV 971 (mov.1, 2 y 3)
  • Chopin – Balada Nº4, Op. 52

Naceu no ano 2000, comenzando aos 12 años os seus estudos de piano na Escola municipal de música da localidade de A Pobra do Caramiñal, da man da profesora e pianista Paula Gago. A idade de catorce anos supera a proba de acceso a grao profesional de piano no Conservatorio de Música de Ribeira iniciando deste xeito a súa formación académica oficial. Actualmente cursa grao superior no Centro Superior de Musica de Galicia en Valga baixo a tutela da prestixiosa pianista internacional Illona Timchenko.

Ao longo destes anos de formación asistiu a diferentes cursos, entre os que cabe salientar o Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela” impartido polo mestre Josep Colom no ano 2019, o curso de interpretación pianística na International Summer Academy Peter de Grote Festival (anos 2017-18 e 2018-19)e o curso de técnicas de interpretación pianística 2016 impartido polo profesor do CSMC Ricardo Blanco. Ase mesmo recibiu lecións maxistrais do pianista e director de orquesta canario Ivan Martín na Escola de Música de Sansenxo, do pianista ruso Yuri Popov, da pianista xaponesa Hilomi Sakaguchi.

Entre os certames nos que participou figura a V Mostra Musical do Eixo Atlántico, o XII e XIII Concurso Internacional de Piano Alto Miño, e o IX e X Concurso de Piano SAF obtendo o 3º e 2º premio na categoría autonómica.

No ano 2018 foi seleccionado para actuar no concerto “Novas Promesas Conservatorios de Galicia e Norte de Portugal” organizado polo departamento de piano do CSMVigo baixo a dirección da profesora Raisa Jakutyte. En 2018 participou como intérprete solista no 2º ciclo de Novos Talentos Musicais.

Pin It on Pinterest

Share This