Xoel Agustin López Méndez, Clarinete

Brais González, Pianista acompañante

  • Carl Maria von Weber – Concierto Nº1 en Fa menor, Op.73 (J109)
  • Johannes Brahms – Sonata Nº2 para clarinete y piano en Mi bemol mayor, Op.120

 

Xoel Agustín López Méndez comezou os seus estudos musicais con Juan Ferrer en Betanzos aos 8 anos. Despois disto, continuou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol “Xan Viaño” co profesor José Luis Vázquez Lorenzo, onde gañou o premio de fin de grao ao finalizar os seus estudos. Realizou o grao superior no Conservatorio Superior de Música da Coruña baixo a tutela de Mariola Gil Lago e Marta Sancho.
Asistiu a numerosas masterclass de Juan Ferrer, Iván Marín, Antonio Suárez, Darío Mariño, Carlos Casadó, Antonio Saiote,Javier Balaguer, Beatriz López, Arno Piters e Yehuda Gilad.
Formou parte da orquestra Vigo OX430 e tocou na Orquestra Gaos como artista convidado. Tamén foi membro da Banda Municipal de Música de Betanzos e colabora asiduamente coa Banda Municipal de Música de Ferrol.
Forma parte do quinteto de vento Esquío Ensemble co que tocou en numerosas localidades así como o grupo jazz / funky Formigo Quartet.

Pin It on Pinterest

Share This