Esteban García Vidal, fagot
Álvaro Blanco Seoane, Pianista acompañante
Antonio Vivaldi – Concierto en mi menor para fagot y orquesta
- I. Allegro poco
- II. Andante
- III. Allegro
Edward Elgar – Romanza para fagot y piano
Esteban García Vidal (A Coruña, 1998). En canto ao ámbito académico, comeza os seus estudos musicais de fagot no Conservatorio Profesional de Música da Coruña no ano 2006, cos profesores Emilio Ubach e Lluís Domínguez. Xa nos últimos cursos deste grao colabora ca Banda Sinfónica e ca Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña como reforzo. Para finalizar esta etapa, remata 6º de Grao Profesional no Conservatorio Profesional de Musica da Coruña co profesor Emilio Ubach, cunha nota media de 9, gañando o premio de fin de grao e matrícula de honra en fagot.
Dende 2008 formou parte de diversas agrupacións como a Banda do Circo de Artesáns da Coruña, sendo dirixido por Juan Bernat a Banda Municipal de Música de Betanzos, sendo dirixido por Raúl Galán e Juan Ferrer, coas que actúa en diversas cidades de Europa coma Grenoble, Lisboa ou Bruxelas. Dende 2016 colabora coa Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, da que é membro activo, e lle brindou a oportunidade de participar en concertos coma o Festival das Velas de Villa de Pedraza. Dende ese mesmo ano 2016 tamén colabora activamente coa Orquestra Gaos. Tamén forma parte dende 2018 da Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago, vinculada á Real Filarmonía de Galicia e dende 2019 da Joven Orquesta Leonesa. Por último, colaborou de maneira puntual con outras formacións, destacando a Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Promópera, Orquestra Sinfónica de Melide, Banda Municipal de Ferrol, Banda Militar de A Coruña e Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, coa que en 2018 gañou o 2º premio da 2º categoría no Certame Galego de Bandas.
No ámbito da música de cámara, forma parte dende 2014 do quinteto Crunia Ensemble, có que actúa en diferentes salas da cidade, na Real Academia Galega das Artes, Museo de Belas Artes, Teatro Rosalía de Castro, Auditorio Andrés Gaos, entre outros, e dando concertos como invitados no Festival Camiños Sonoros, no Campamento Musical de Agolada, no Festival de música de cámara Son As Pontes (no que puideron actuar conxuntamente con Zoar Ensemble), no Conservatorio Profesional de Música e Danza de Gijón e no Museo Arqueolóxico de Oviedo. Con este quinteto gaña o concurso online de Rockiebox, có que son invitados a gravar unha audición na Radio Nacional Clásica e unha entrevista, e en 2017 son invitados ao Eurochestries festival de Charente Maritime. Nese mesmo ano 2017, gaña con este quinteto o concurso de cámara do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, có que dará en Novembro dese mesmo ano un concerto no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, promocionado pola Sociedade Filarmónica de A Coruña. Por último, en 2018 quedan entre os 4 finalistas dos Premios de Excelencia Lexus, brindándolles a experiencia de colaborar cunha das directoras máis afamadas da Península, Inma Shara e son semifinalistas do Concurso de Música de Cámara de Juventudes Musicales de España. Con este quinteto recibiu clases de artistas tan destacados como Diego Dini Ciacci, Inma Shara, Juan Ibáñez Briz, Álex Salgueiro, Benjamín Iglesias, Luis Miguel Méndez, Miquel Gil, Iago Lariño e Nilo García, entre outros. Por último, colaborou puntualmente con Zoar Ensemble neste 2019.
Realizou cursos con fagotistas tales como Juan Enrique Sapiña, Juan Pedro Fuentes, Guillermo Salcedo, María José Rielo, Patricia Castro, Manuel Veiga, Gezim Malaj, Alejandro Valcárcel, Frank Wangler, Álex Salgueiro ou Steve Harriswangler, destacando os dous últimos pola frecuencia coa que recibe clases da súa parte.
Actuou baixo a batuta de directores tan importantes no panorama actual coma Dima Slobodeniouk, José Miguel Pérez Sierra, François López-Ferrer, Roberto González Monjas, Rubén Gimeno, José Trigueros, Maximino Zumalave, Michael Köhler, etc.
Actualmente estuda 4º curso no Conservatorio Superior de Música da Coruña. No pasado 2018 quedou en 2º posto no concurso de solistas do centro e neste 2019 gañou dito concurso, brindándolle a oportunidade de actuar como solista coa Orquestra Sinfónica do centro esta tempada. Ao mesmo tempo, neste 2019 tamén gañou o concurso de solistas para tocar coa Banda Municipal de Música da Coruña, coa que actuará esta tempada.