- Frédéric Chopin. Estudio Op. 25 Nº1 en La bemol Mayor
- Franz Liszt. Après une lecture du Dante, Fantasia quasi Sonata
Estuda o grao profesional de música no conservatorio Mayeusis Pontevedra baixo a tutela do profesor de piano Isaac Villanueva.
Finlaízao obtendo o ‘Premio de Fin de Grao’.
Posteriormente accede ao Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde estuda na actualidade a especialidade de interpretación co profesor Nicasio Gradaille.
Participou en diferentes cursos de piano e masterclasses con mestres como Ilona Timchenko, Marianna Prjevalskaya ou Leonel Morales entre outros.
É músico activo da Banda de Música de Salcedo.
Recibiu tamén clases de dirección orquestal co mestre holandés Marcel van Bree.