Haruna Takebe, Pianista acompañante

  • W. A. Mozart – Concierto Nº4, Re Mayor, 1er mov.
  • H. Wienawsky – Polonesa Brillante Op.21, Nº2 en La Mayor
  • E. Lalo – Sinfonía española Op.21, 1er mov.

Inicia con 5 anos a súa formación musical na Escola de Música Amadeus de Vigo, onde recibe clases de violín dos profesores Iura Radcenco e Ernesto Díaz; e piano, co profesor Carlos González.

Con 8 anos ingresa no CMUS Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra, onde estuda cos profesores Micaela González, Sergio Heredia y Xacobe Lamas. Actualmente cursa 6º de Grao Profesional obtendo
as máximas calificacións.

Desde o ano 2017 dirixe a súa formación Mykolas Pocius.

Desde 2019 asiste á Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela tutelada polo profesor Nikolai Velikov.

Asistiu a cursos e masterclass cos profesores Elina Viksne, Sergey Teslya, Savva Fatkulin, Sergey Fatkulin e Yuri Volguin.

Como instrumentista colaborou con diferentes orquestras coma a Orquestra Kv2211 de Vigo, Orquestra Tamara Brooks ou a Orquestra de Cámara Lira. En xullo de 2019 foi invitada a participar coa Orquestra
Internacional de Guimaraes baixo a dirección de Leon Spierer. En 2021 ingresa na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia.

Como violín solista fixo diferentes colaboracións coa Banda de Música de Pontevedra nos Ciclos «A grandeza dos nenos» con 12 anos; e con 14, no Ciclo de primavera «O sen sentido das guerras».

Aos 13 anos foi seleccionada para participar no VII Festival Internacional Peregrinos Musicais con actuacións no Teatro Principal e na Catedral de Santiago de Compostela.

Aos 14 anos foi seleccionada para participar no II Ciclo de Novos Talentos Musicais organizado pola Asociación Compostela Sound.

No verán de 2021 é a participante máis nova do I Festival Vigo Jazz-Class organizado polo Concello de Vigo, baixo a dirección artística de Rosana Ojea (Galega Destacada 2019) e Javier Ferreiro.

Neste mesmo ano é seleccionada para participar no Festival Internacional de Moscú en memoria de Maya Samuilovna Glezarova.

Participou en varios concursos nacionais e internacionais, obtendo o I Premio na súa categoría no XIII Premio Nacional, III Luso Galaico Elisa de Sousa Pedroso (Portugal); foi a gañadora representando a súa
comunidade, Galicia, do II Premio «Música en cada Rincón» organizado a nivel nacional por Suakai. Queda 2ª Clasificada na Fase Autonómica de Galicia no 20º Intercentros Melómano. Recibiu unha Mención Especial no V Concurso Internacional de Violín, Viola e Violoncello Cidade de Vigo; Mención Honrosa no II Concurso Internacional de Violín de Guimaraes (Portugal). Foi a semifinalista no I Concurso de Interpretación Mpmusic.

Desde 2021 asiste regularmente a clases co profesor Yuri Volguin.

Pin It on Pinterest

Share This