Javier Ares Espiño, Pianista acompañante

W. A. Mozart – Concierto para oboe y orquesta en Do Mayor, KV 314

  • I. Allegro aperto.
  • II. Adagio.

R. Strauss – Concierto para oboe. Allegro moderato

Aurora Berná Rodríguez (A Coruña, 2005) ingresa aos 8 anos no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña e en 2016 accede ao grao profesional sendo a aspirante con maior puntuación de todos cantos concorreron. Actualmente cursa o 1 de bacharelato no IES Salvador de Madariaga e 5 de grao profesional de óboe no Conservatorio Profesional de A Coruña obtendo as más altas cualificacións.

Estuda óboe co seu pai Juan Berná Pérez e con David Villa, oboísta da Sinfónica de Galicia. Tamén a realizado cursos cós oboístas Eric González Gancedo, Ismael Vaquero, Roberto Baltar e Casey Hill.

Con 10 anos actúa como solista coa Bnda Infantil do Conservatorio Profesional de Coruña e, aos 11 anos, realiza a parte de óboe solista no re estrea de unha obra perdida para óboe, coro e orquestra do Pai Antonio Soler no Pazo da Ópera de A Coruña. Foi óboe solista da Orquestra de Oleiros e da Banda e Orquestra Sinfónicas do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña.

Aos 13 anos gaña o concurso de Solistas do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña e interpreta o 31 de maio de 2029 o Concerto para óboe e cordas de Domenico Cimarosa coa Orquestra Xuvenil deste centro. Tamén en 2019, con 14 anos de idade, foi galardoada co Terceiro Premio no Concurso de Solistas de Galicia e seleccionada como óboe reserva da OJSG. O 21 de agosto de 2021, a idade de 15 anos, intervén como óboe primeiro e corno inglés no programa que ofrece a OJSG na praza de María Pita baixo a batuta de José Trigueros.

Domenico CIMAROSA, Concierto para oboe y cuerdas, 31-05-2019
Aurora Berná Rodríguez (oboe),
Orquestra Xuvenil Cmus Profesional A Coruña, David Veiga (director).
https://youtu.be/3DgPGcV-TXs

Pin It on Pinterest

Share This