4º Ciclo de Concertos “Novos Talentos Musicais”

Comeza o 4º Ciclo de Concertos “Novos Talentos Musicais” organizado pola Asociación Compostela Sound e a Universidade de Santiago de Compostela, que ten como finalidade a promoción de novos músicos galegos, residentes en Galicia ou estudantes de Centros de Música Galegos. O Ciclo está destinado a solistas de todos os instrumentos, cantantes e grupos de música de cámara. Constará de 6 recitais compartidos no mes de marzo que terán lugar no Paraninfo da Universidade e na sala da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago de Compostela.

 

A preselección dos candidatos para poder formar parte do Ciclo realizarase mediante unha audición. Todos os candidatos recibirán un diploma despois do seu recital por ter participado no Ciclo de Concertos “Novos Talentos Musicais”.

Bases

– Ser galego/a, residente en Galicia ou estar realizando estudos musicais en Galicia.

– Límite de idade: non ter máis de 29 anos no momento de formalizar a inscrición.

– Fecha límite de inscrición: 15 de decembro de 2019 ata as 23:59 horas.

– A preselección realizarase o 11 de xaneiro de 2020 a partir das 10:00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Os/as candidatos/as deben presentarse ás probas de preselección co/a seu pianista acompañante.

 

– No prazo máximo de cinco días despois da preselección os resultados estarán anunciados na www.compostelasound.com e na páxina de Facebook da Asociación Compostela Sound. A partir desa data, os/as candidatos/as preseleccionados/as e o equipo directivo de “Novos Talentos Musicais” estarán en contacto para a elección da data do recital, programa a interpretar e duración da actuación.

 

– No 4º Ciclo de Concertos “Novos Talentos Musicais” non se poden presentar os candidatos seleccionados pola edición anterior (Tempada 2.018-2.019), salvo que a modalidade na que se presentan para esta edición sexa distinta á do ano anterior.

 

– O prazo para a inscrición abrirase o día 5 de novembro.

 

No caso de ser seleccionado/a e desexar sesión fotográfica profesional durante o seu recital (tamén de estudo se fose necesario) e/ou gravación en vídeo HD e son profesional da actuación, debe poñerse en contacto coa Directora Artística de “Novos Talentos Musicais” antes do 1 de marzo.

 

Directora Artística – elina@compostelasound.com y teléfono: 626776887

Directora Executiva – inara@compostelasound.com

Comité de Dirección – beatriz@compostelasound.com

Pin It on Pinterest

Share This