5º Ciclo de Concertos “Novos Talentos Musicais”

Comeza o 5º Ciclo de Concertos “Novos Talentos Musicais” organizado pola Asociación Compostela Sound e a Universidade de Santiago de Compostela, que ten como finalidade a promoción de novos músicos galegos, residentes en Galicia ou estudantes de Centros de Música Galegos. O Ciclo está destinado a solistas de todos os instrumentos, cantantes e grupos de música de cámara. Constará de seis recitais compartidos no mes de marzo que terán lugar no Paraninfo da Universidade e na sala da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago de Compostela.

A preselección dos/as candidatos/as para poder formar parte do Ciclo realizarase mediante unha audición. Todos os/as candidatos/as recibirán un diploma despois do seu recital por ter participado no Ciclo de Concertos “Novos Talentos Musicais”.

Bases

– Ser galego/a, residente en Galicia ou estar realizando estudos musicais en Galicia.

– Límite de idade: non ter máis de 31 anos no momento de formalizar a inscrición.

– O prazo de inscrición abrirase o día 1 de decembro de 2021 a partir das 00:01 horas.

– Fecha límite de inscrición: 5 de xaneiro de 2022 ata as 23:59 horas.

– A preselección realizarase o 22 de xaneiro de 2022 en Santiago de Compostela. O lugar e hora da preselección comunicarase a os/as candidatos/as inscritos/as con polo menos unha semana de antelación ás probas. Os/as candidatos/as deben presentarse ás probas de preselección co/a seu/sua pianista acompañante.

– A preselección tanto dos/as candidatos/as solistas como dos grupos de música de cámara constará de dúas obras de diferentes estilos. A duración da audición será dun máximo de 10 minutos. O tribunal resérvase o dereito de elixir as obras para interpretar polo aspirante no momento da súa actuación e interrompelo en calquera momento.

– As obras que requiran o acompañamento de piano deberán ser interpretadas co pianista. Se non dispón de pianista acompañante podemos proporcionarlle axuda para contactar con pianistas acompañantes profesionais. Os gastos do pianista acompañante serán sufragados polo/a candidato/a.

– No prazo máximo de cinco días despois da preselección os resultados estarán anunciados na www.compostelasound.com e na páxina de Facebook da Asociación Compostela Sound. A partir desa data, os/as candidatos/as preseleccionados/as e o equipo directivo de “Novos Talentos Musicais” estarán en contacto para a elección da data do recital, programa a interpretar e duración da actuación.

– No 5º Ciclo de Concertos “Novos Talentos Musicais” non se poden presentar os/as candidatos/as seleccionados/as na edición anterior (Tempada 2019-2020), salvo que a modalidade na que se presenten para esta edición sexa distinta da edición anterior.

Se no caso de ser seleccionado/a desexara unha sesión profesional, tanto fotográfica, de video ou son, durante a sua actuación, ou tamén no estudo si fose necesario; poñase en contacto coa Directora Artística de “Novos Talentos Musicais” antes do 21 de febreiro.
Directora Artística – elina@compostelasound.com – teléfono: 626776887

Directora Executiva – inara@compostelasound.com

Comité de Dirección – beatriz@compostelasound.com

Pin It on Pinterest

Share This