Comeza os seus estudos musicais á idade de nove anos no Centre Artistic Musical de Moncada (Valencia), da man de Cecilia Barber. No 2008 accede ao Conservatorio Profesional de dita cidade, onde remata o Grao Profesional de piano ca profesora Noemí Pairau, obtendo o premio fin de grao e as máis altas cualificacións.

No ano 2014 inicia o Grao de interpretación pianística no Conservatorio Superior de Valencia Joaquín Rodrigo. Nesta etapa realiza un curso académico no Conservatorio F. A. Bonporti di Trento (Italia) a través do programa Erasmus (2016-2017). Alí estuda cos profesores Massimiliano Mainolfi (interpretación). Recentemente obtivo o Título Superior de Música baixo a tutela de Belén Martín, expedido polo Conservatorio Superior de Valencia.

Participa como alumna activa no Puigcerdá Music Festival, ca pianista Oxana Yablonskaya (2015-16) e tamén no Valencia International Performance Academy (2017-18), cos profesores Jura Margulis, Pavel Nersessian e Juan Lago.

Ademais, participou nalgúns concertos benéficos como pianista solista en beneficio de: a protectora de animais de Tarazona (Aragón) e Burjasot (Valencia). Tamén concertos benéficos de piano a seis mans para Ingenievida ONGD.

Actualmente é mestra de piano no Conservatorio Profesional do Centro Internacional Levante.

Pin It on Pinterest

Share This