Natural de Ourense, realizou os seus estudos de piano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense coa profesora Purificación Iglesias.

No 2011 gradúase con honras no Conservatorio Superior de Música de A Coruña despois de formarse coa profesora Irina Moryatova. Acto seguido trasládase a Holanda para realizar un máster en interpretación pianística no Conservatorio da cidade de Maastricht coa profesora Katia Veekmans finalizando os seus estudos de maneira sobresainte. Ao longo da súa carreira, recibiu clases maxistrais de prestixiosos pianistas coma María Jesús Crespo, Nino Kereselidze, Alenxander Kandelaki, Jorge Federico Osorio, Peter Bithell, Andrezj Pikul, entre outros.

Participou en numerosos concursos obtendo importantes galardóns coma foron o 1º premio no Concurso Rexional de Piano do Real Club Náutico de Vigo no ano 2003. No mesmo ano, o 2º premio no concurso rexional de piano ASGAIM.

No 2011 obtivo o 1º premio no concurso de solitas realizado polo Conservatorio Superior de música de A Coruña e tamén no 2011 obtivo o 2º premio na ¨VI edición á Excelencia Musical¨ organizada pola Fundación Paideia con quen realizaría a gravación profesional dun CD nos estudos Mans de A Coruña.

Ao longo dos anos deu numerosos recitais de piano solo en España, Portugal, Holanda e Bélxica. E tuvo a oportunidade de tocar de solista entre os anos 2012 e 2014 coa Banda do Conservatorio Superior de música de A Coruña e coa Orquesta Sinfónica do Conservatorium Maastricht no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, no Palacio da Ópera de A Coruña e no Theater ann het Vrijthof en Maastricht (Holanda).

Actualmente realiza a súa labor docente no Conservatorio Profesional de Música de Ourense no departamento de piano.

Pin It on Pinterest

Share This