Uxía Gómez Medal, Violín

Haruna Takebe, Pianista acompañante

Max Bruch – Concierto para violín y orquesta Nº1, Op.26

  • I. Vorspiel – Allegro moderato
  • II. Adagio
  • III. Finale – Allegro energico

Naceu en Pontevedra no ano 2006. Comezou os seus estudos de violín á idade de 6 anos co profesor Sergio Heredia.

Cursou o grao elemental no C. M. U. S. Manuel Quiroga de Pontevedra.

É membro da Orquestra de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia desde o ano 2013, participando como solista no recital celebrado no centro Ágora da Coruña, dentro do Ciclo Son Futuras Promesas 2014.
Desde o ano 2015 é alumna do Curso de corda para nenos da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela e participou en diversos recitais organizados na Escola.

A partir do ano 2016 segue os seus estudos de violín coa violinista Anca Smeu.

Entre os anos 2017 e 2018 recibiu clases maxistrais dos violinistas Grigori Nedobora e Jesús Reina.

Finalista no ano 2017 na categoría “A” do Concurso Ciudad de Vigo de violín, viola e violoncelo, organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda.

No ano 2018 participou no ciclo de concertos Novos Talentos Musicais, organizado pola Asociación Compostela Sound.

En setembro de 2019 participou no Festival Internacional de Música Clásica Ribeira Sacra, recibindo clases das violinistas Helena Satue e Anna Göckel.

Obtivo o segundo premio no I Concurso de Solistas de Galicia celebrado en decembro de 2019, organizado pola asociación Musica Viva en colaboración co Conservatorio Superior de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This