Xoel Agustin López Méndez, Clarinete

Brais González, Pianista acompañante

Wolfgang Amadeus Mozart – Concierto para clarinete y orquesta en LA Mayor, KV 622

  • I. Allegro
  • II. Adagio
  • III. Rondo (Allegro)

Niels Gade – Piezas de Fantasía Op.43 para clarinete y piano

  • I. Allegro vivace
  • II. Andante con moto
  • III. Ballade
  • IV. Allegro molto vivace

Xoel Agustín López Méndez comezou os seus estudos musicais con Juan Ferrer en Betanzos aos 8 anos. Despois disto, continuou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol «Xan Viaño» co profesor José Luis Vázquez Lorenzo, onde gañou o premio de fin de grao ao finalizar os seus estudos. Realizou o grao superior no Conservatorio Superior de Música da Coruña baixo a tutela de Mariola Gil Lago e Marta Sancho.

Asistiu a numerosas masterclass de Juan Ferrer, Iván Marín, Antonio Suárez, Darío Mariño, Carlos Casadó, Antonio Saiote,Javier Balaguer, Beatriz López, Arno Piters e Yehuda Gilad.

Formou parte da orquestra Vigo OX430 e tocou na Orquestra Gaos como artista convidado. Tamén foi membro da Banda Municipal de Música de Betanzos e colabora asiduamente coa Banda Municipal de Música de Ferrol.

Forma parte do quinteto de vento Esquío Ensemble co que tocou en numerosas localidades así como o grupo jazz / funky Formigo Quartet.

Pin It on Pinterest

Share This