Brais González Pérez, Pianista acompañante

  • Paul Taffanel – Fantaisie sur Françoise de Rimini
  • John Rutter – Suite Antique

Nado no 2002 na cidade de Porto, Portugal, Ana Teresa Vasques Vieira da Costa Ribeiro comezou os seus estudos musicais na Escola Artística Conservatorio de Música do Porto no ano 2010. Tras superar con éxito a Prova de Aptidão Artística e baixo a tutela do maestro Luís Meireles, remata os seus estudos neste centro no ano 2020.

Prosegue a súa formación musical superior en Portugal, na Universidade de Évora, na clase da profesora Monika Streitová. Actualmente estuda no Centro Superior de Música de Galicia (CSM Galicia) baixo a dirección da flautista internacional Elisabeth Franch.

Ao longo da súa carreira, participou en diversas Masterclasses, con maestros como Luís  Meireles, Jean Ferrandis, José-Daniel Castellón, Nuno Inácio, Katharine Rawdon, Elizabet Franch, entre outros.

Nos anos 2017/2018 e 2018/2019 foi seleccionada como primeira flauta no II e III Festivais BSP Júnior.

Participou en diversos concursos, nos que cabe salientar o Concurso Interno do Conservatorio de Música do Porto, no que foi premiada nos anos 2012/2013 cunha Mención e en 2013/2014,2017/2018, 2018/2019 con tres segundos premios exa-equo na categoría Sopros-Madeiras. Participou tamén no Concurso Premio Ida Moura no ano 2018/2019 no que obtivo unha Mención na categoría Sopros.

Entre os seus numerosos concertos destacan a participación como solista no Ensemble de Flautas do Conservatorio de Música de Porto, ou as súas interpretacións na Igrexa Parroquial de Valadares e o Museo Romántico.

Pin It on Pinterest

Share This