Brais González Pérez, Pianista acompañante
V. Peskin – Concerto Nº 1 en Do m
- I. Allegro con Fouco
- II. Andante Sostenuto
- III. Allegro Scherzando
G. Enescu – Légend
Manuel Madarnás (Tui, 1997):
Comeza os seus estudos musicais con 7 anos da man de Adolfo Besada na Escola de Música Municipal de Tui, accedendo máis tarde á Banda de Música Popular de Tui e ao Conservatorio Profesional de Música de Tui. Con 18 anos remata os seus estudos profesionais adxudicándose o premio Fin de Grao para finalmente acabar accedendo ao Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde remataría os seus estudos superiores cos mestres Adolfo Caride e Javier Viceiro, obtendo unha cualificación de sobresaínte.
Ademais, foi alumno activo da Orquestra Sinfónica de Galicia, onde recibiu clases de Jhon Aigi (solista da Orquestra Sinfónica de Galicia), e onde actuou con reputados directores como Roberto González Monjas, Rubén Gimeno ou François López-Ferrer, entre outros.
Á súa vez, Manuel Madarnás ten feito gravacións discográficas (“In Crescendo”, “Romantic Trumpet” e «La MMarca»), presentacións en programas radiofónicos (Radio Galega, Radio Valga, Radio Municipal de Tui…) e televisivos (Televisión de Galicia e Altominho TV), ademais de obter numerosos premios e recoñecementos en concursos e festivais por toda a península ibérica (“Intercentros Melómano”, “Rubén Simeó”, “Sociedad de Conciertos de Alicante”…) e participar en agrupacións de renome, como a Orquesta Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ou a Film Symphony Orchestra.
Actualmente, Manuel Madarnás está a realizar un máster de interpretación no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene), onde recibe clases do trompetista Luis González, ademais de colaborar como trompetista na Orquesta Los Player´s.
Por último, decir que Manuel Madarnás ten asistido a cursos de perfeccionamiento con trompetistas como Roberto Bodí, José Forte, Adán Delgado, Gabor Tárkovi ou Esteban Batallán, entre outros.