Javier Ares Espiño (Ourense, 1979), comezou os seus estudos de piano no Conservatorio de Betanzos, continuando no Conservatorio Superior de A Coruña baixo a dirección de Natalia Lamas. Posteriormente ampliou os seus estudos no Centro Superior de Ensinanza Musical Katarina Gurska recibindo clases dos pianistas Alexander Kandelaki e Nino Kereselidze.
Desenvolve unha ampla actividade dentro da música de cámara en diversas formacións: Ensemble Logos, Ensemble Poulenc 2007, Trío Caronium, Dúo Scaramouche. Como solista destacan as súas actuacións coa Banda Municipal de A Coruña e a Banda Municipal de Santiago de Compostela, con Javier Viceiro-Filgueira como director. Realizou múltiples recitais en diversas formacións de dúo, entre eles destacan os que realizou cós tubistas Gene Pokorny e Rex Martin, ou cós trombonistas James Markey, Alberto Urretxo, Iago Ríos, Ko-ichiro Yamamoto e Jacques Mauger.
Traballou no Conservatorio Superior de Música de Vigo e actualmente é catedrático de piano no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Baixo a dirección do Dr. Carlos Villanueva doutorouse en 2014 pola Universidade de Santiago de Compostela, e na súa faceta como investigador publicou Catálogo de Carlos López García-Picos (2011) e Carlos López García-Picos. Música a orillas del Atlántico (2016), este último co editado pola USC, Xunta de Galicia e Concello de Betanzos. Actualmente forma parte dun Proxecto de I+D+i da USC: Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixe Atlántico (REF: HAR2015-64024-R).