Jorge Briones (A Coruña, 1976) comeza os seus estudos pianísticos no Conservatorio Superior de Música da súa cidade baixo a tutela de Natalia Lamas. Continúa a súa carreira pianística estudando no Conservatorio Superior de Música de Badajoz co profesor Alexander Kandelaki, baixo a súa dirección obtén o Título Superior de Piano con Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira. Máis tarde realiza estudos de posgrao traballando co pianista Alexander Kandelaki no Centro Superior de Enseñanza Musical Katarina Gurska.
A súa experiencia concertística é ampla, actuando como solista en numerosos recitais de piano como os realizados no Aula de Cultura Esteban Sánchez (Badajoz), no Museo Pérez Comendador Leroux e no Festival Iberia (Hervás, Cáceres), no Teatro López de Ayala (Badajoz), ou no Festival de Música Are More (Vigo). Dentro da música de cámara caben destacar os recitáis cos tubistas Pablo Fernández e Jesper Nielsen, co oboísta Diego Dini e co pianista Javier Ares có que forma o Dúo Scaramouche, actuando en diversas salas do panorama musical galego, e realizando desde o 2010 varios estrenos de compositores galegos contemporáneos.
Dende 1999 traballou nos Conservatorios Profesionais de Montijo, Almendralejo, e A Coruña, e dende 2008 como profesor de piano e pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Completou a súa formación investigadora obtendo o título de “Master Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa” pola Universidade da Coruña.
Na actualidade é catedrático de Repertorio con piano para instrumentos no Conservatorio Superior de Música da Coruña.